logo

As fotografías que aquí se amosan foron tratadas dixitalmente para publicalas a través de internet, tras a preceptiva autorización dos seus propietarios. Se desexa obter información técnica, obter copias a alta resolución ou acceder a outros fondos que non están publicados nesta páxina web pode acudir ao punto de acceso presencial: calquera persoa usuaria da fototeca de Cambre pode facer uso de balde das imaxes aquí contidas, sempre e cando faga mención á procedencia coa seguinte fórmula: Fototeca do Concello de Cambre / (Nome do fondo) / (Nome do autor) Xa que as imaxes cedidas para a súa difusión a través da fototeca teñen a consideración de meras imaxes fotográficas e unha antigüidade superior aos 25 anos, segundo o artigo 128 do RDL 1/1996 de Propiedade Intelectual. A creación e funcionamento do fondo de fotografía histórica, fototeca de Cambre, baséase na seguinte lexislación: Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal. Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de Protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, pola que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual. Lei 8/1995, de 30 de outubro,  de Patrimonio Cultural de Galicia. Se o desexa, tamén se pode por en contacto connosco dende o seguinte formulario: